<< RINQUILINTERNA, O CONCERTO >>

Rinquilinterna é un concerto baseado na dualidade,  un acústico que remata sendo eléctrico, dividido en tres bloques nos que se tocan cancións propias da artista e onde se fai un repaso pola historia da música de Galicia con temas como “Airiños, aires” ou “Quen puidera namorala”,  pero cunha perspectiva diferente e dende a actualidade. En todo momento se está apegado a Galicia, as temáticas dos temas así fan que sexa en todo momento e convérteo nun formato que fai viaxar a través das emocións, unha hora onde soñar resulta doado e fai que o espectador quede enganchado e con ganas de máis. Ten o carácter  en estado puro de Tania Fuegho, reflexo da muller traballadora e loitadora galega e onde parte do público descubre o lado máis íntimo da artista. cantando nun rexistro máis comedido e descoñecido por parte do público.

Tania Fuegho, está acompañada no escenario por un gran guitarrista, arranxista, productor musical e compositor como é  Pedro Gonzalez, que xa ven de traballar coa artista dende os seus inicios e autor dos tres  Nº1 que a artista conquistou na Arxentina.

As súas costas ten grandes produccións musicais como Amistades Peligrosas, Semen Up ou Spititu 986, coproduccións e composicións para o gran gaiteiro Anxo Lourenzo, discos de ouro, números 1 e estivo traballando nas mellores discográficas da época, tales como Emi, Sony, Bmg ou Universal.