<< BIOGRAFÍA >>

Tania Fuegho, cantante e compositora,  28 anos, natural de Mazaricos,  xa dende cativa gustaballe cantar, formouse en varias escolas de música e canto para ampliar a súa formación.

No ano 2007 e con 18 anos, presentase a un concurso de Televisión de Galicia chamado “SON DE ESTRELAS”, onde queda como finalista.  Tamén foi un gran empuxe para ser máis coñecida entre o público galego e ir facendo sitio no mundo da música galega.

Ó mesmo tempo combinaba os estudos de música  coas aparicións e colaboracións en diferentes programas da Televisión de Galicia, programas como “son de estrelas”, “son de verán”, “heicho cantar queridiña”, “ o sofá”,  (facendo un pequeno papel como actriz xunto Isabel Risco)  “bamboleo”, e “luar”.

No ano 2011 foi elixida para ser unha das voces dun anuncio para a FORTA (federación de organismos de radio e televisión autonómicas).

No ano 2012 pasa a formar parte do xurado de Recantos xunto con X.M Piñeiro e Manuel Deandrade, un concurso dentro do programa de Luar da Televisión de Galicia, e no que segue actualmente.

Tamén veu cumprido o seu soño máis prezado no ano 2013, cando puido compartir escenario coa súa gran ídolo Mónica Naranjo, coa que chegou a cantar ata en catro ocasiónse por petición da propia Mónica... (sobreviviré e pantera en libertad, amor y lujo e entender el amor).

A parte de compartir escenario con Mónica Naranjo, tamén o fixo con outros artistas nacionais e internacionais recoñecidos como Albano, Francisco, Andy & Lucas, Camela, Angy…

Xa ten gravado un “Maxi Single” chamado “Emigrante”, composto por tres temas, “Emigrante” (coa colaboración do gran músico ANXO LOURENZO, “Todos a Santiago” , e tamén outra vez este mesmo tema “Todos a Santiago” cantado xunto a ALBERTO COMESAÑA, unha colaboración de luxo e peso para este primeiro traballo.

O maxisingle , está producido polo recoñecido productor , músico e arreglista PEDRO GONZALEZ, integrante tamén de grupos como SEMEN UP e SPIRITU 986 e productor musical de formacións como Amistades Peligrosas.

No ano 2015, entra na lista ELEGIDOS 45 de Arxentina chegando a conseguir os primeiros postos en numerosas ocasións e varios números 1 con temas como "ESTRELAS POR COMPARTIR" ou "EMIGRANTE", (cantados en galego). Máis tarde é nominada a mellor interpretación feminina, mellor solista femenina española e mellor artista de Europa, facéndose gañadora nunha das categorías como MELLOR SOLISTA ESPAÑOLA na radio arxentina elegidos45.

No ano 2016 volve ser elexida como mellor intérprete polos radiooíntes da mesma radio co seu tema en galego "O Imposible", facendo que sexa unha das artistas consagradas dos rankings de elegidos45 con sede en San Isidro, Arxentina.